O 11 de novembro é xa unha data que ficará para a historia do país e de toda unha xeración. A folga xeral tivo unha participación limitada no ámbito laboral pero a mobilización nas rúas foi masiva e histórica, liderada polos e polas máis novas, que dixeron que xa abonda
O 11 de novembro é xa unha data que ficará para a historia do país e de toda unha xeración como o foi, por exemplo, o 1 de decembro de 2002 (manifestación dos paraugas que deu inicio a Nunca Máis) ou o 15 de maio de 2011 que deu lugar ao movemento 15M.
A folga xeral tivo unha participación limitada no ámbito laboral ("asimétrica", segundo algún sindicato) con grandes diferenzas por sectores e territorios. En Galicia a mobilización estivo entre as meirandes de todo o Estado. Pero as manifestacións que a acompañaron na rúa foron masivas e históricas. Tanto polo número de participantes nas marchas convocadas pola mañá e pola tarde coma, sobre todo, polas características cualitativas desta mobilización.

no comments (yet)